jueves, 21 de junio de 2012

REMATANDO A PRIMEIRA PARTE DO NOSO PROXECTO

Por falta de tempo non poidemos ver todo o que queriamos sobre a educación vial, tan so vimos os elementos dunha rúa e o noso comportamento como peóns.Estas son as fichas que fixemos:



Como o fixemos moi pero que moi ben, as profes déronnos un carnet do peón a  cada un:




Por si alguén o quere, aquí volo deixamos:



O próximo curso retomaremos o proxecto pero esta vez dende o punto de vista de pasaxeiros e condutores (de bicicletas, patinetes, patíns, ... )

miércoles, 13 de junio de 2012

OS SINAIS DE TRÁFICO II

Estes días continuamos estudando os sinais de tráfico. Agora que xa sabemos que teñen distinta forma: triángulares, cadradas, redondas,... estivemos afondando en que significa cada un e de que cor son.
O venres pasado vimos esta presentación para lembrar como eran:


Para  non olvidarnos e nos servise de axuda para facer as fichas, pegamos na parede de clase este póster de Mafre onde vemos algúns sinais clasificados segundo sexan de PERIGO, OBRIGA, INFORMACIÓN ou PROHIBICIÓN:
                                 Se queredes descargalo clicade AQUÍ
Fixemos estas fichas:
Xogamos na clase de informática con este póster interactivo sobre os sinais:

E nas clases ao xogo da oca da Bicicleta Cleta así como ao dominó e ao xogo de parellas que preparamos coa axuda de Roca o adxunto de Carpintería:

miércoles, 6 de junio de 2012

OS SINAIS DE TRÁFICO I

O luns, empezamos a aprender os sinais de tráfico. Primeiro as profes léronnos o conto "O TRASNO MÁXICO" que falaba deles:


Despois, nos puxeron uns cantos sinais no encerado e tiñamos que averiguar que forma tiñan:





E para ver si estabamos moi atentos fixemos esta ficha:

Hoxe continuamos estudando os sinais. Despois do recreo fomos ao Salón de Actos todas as clases xuntas. Primeiro vimos na pantalla esta aplicación ¿CONOCES LAS SEÑALES? sobre os sinais que nos explicaba moi ben que forma teñen, de que cor son, o que significan ...


Despois proxectamos na pantalla unhas diapositivas da DGT sobre os sinais de tráfico:


E para rematar vimos a película "GUAY E OS LADRÓNS DE SINAIS":



Vos seguiremos contando todo o que vaiamos aprendendo sobre os sinais

viernes, 1 de junio de 2012

IMOS A PDI

Como nas clases non temos Internet, hoxe voltamos á aula de informática pero non aos ordenadores, senón á PDI. Primeiro vimos estos contos en flash que nos gustaron moitísimo:




Despois xogamos á versión demo dos recursos que nos proporciona a páxina de RACC EDUCA. Foi moi divertido. Tiñamos que tomar decisións para movernos correctamente pola cidade. Había catro xogos e non podíamos pasar ao seguinte se antes non acabábamos o xogo no que estabamos. Xogamos entre todos e o pasamos moi ben.



Cando voltamos para clase, fixemos esta fichiña na que tiñamos que sumar e restar as luces do semáforo, algúns necesitamos a axuda do ábaco para facela:


E despois construímos o noso semáforo: