jueves, 29 de marzo de 2012

COÑECENDO A LARETAS...


Despois de saber cales eran as súas ideas previas sobre o tema da Educación Vial, comezamos a traballar no noso proxecto.
Comezamos facendo a portada do que serán todas as nosas fichiñas sobre o proxecto:


E continuamos coñecendo a LARETAS, unha rúa que nos vai ensinar moitísimas cousas sobre Educación Vial e que será o fío condutor da primeira parte do noso proxecto. Queredes coñecela, aquí a tedes:



Estas son as fichas que fixemos sobre Laretas:

jueves, 22 de marzo de 2012

REMATAMOS OS RINCÓNS


Por fin, as seis clases rematamos de preparar os nosos rincóns do proxecto. Entre todos preparamos a plantilla para os sinais e o semáforo  e deseñamos unhas letras que logo colorearon os nenos e as nenas. Despois cada rincón foise completando con distinto material sobre a educación vial: libros, recortables, videos, cds de música, filminas,.... E así de bonitos nos quedaron:

RINCÓNS DE EDUCACIÓN VIAL on PhotoPeach


Aquí vos deixamos as letras que utilizamos por si a alguén máis lle poden resultar útiles.

https://app.box.com/s/80134b57bbf5f0ef10f5

domingo, 18 de marzo de 2012

COMEZAMOS O PROXECTO

A piques de rematar o segundo trimestre e a punto de comezar o terceiro, comezamos o noso novo proxecto . Esta vez o tema elexido é "EDUCACIÓN VIAL". Por que este  tema? Porque estamos convencidas de que desde a escola hai que formar aos nenos para que nun futuro sexan condutores e peóns responsables  e no "inmediato" contaxiar aos adultos máis próximos eses valores. Para iso, trataremos de que coñezan os fins e obxectivos que cumpren os sinais e normas de tráfico, que se familiaricen coas máis necesarias e as máis frecuentes do seu entorno;tamén intentaremos crear neles unha actitude de colaboración, respeto e contribución á seguridade vial tratando de que reflexionen sobre as condutas adecuadas monstrándoles situacións correctas e erróneas no seu discurrir como peóns para previr posibles accidentes.

Así que o venres, despois do recreo reunímonos todos no Salón de Actos e alí lles fixemos unhas preguntas para ver cales eran as súas ideas sobre o proxecto, que querían aprender e como querían aprendelo.

A primeira pregunta foi:

- QUE SABEDES DA EDUCACIÓN VIAL? As respostas foron: sinais, stop, coches, motos, guardias, autobuses, ambulancias, que van pola estrada,...

- QUE QUEREMOS APRENDER?  A sacar o carné de conducir, todos os sinais, ...

- COMO QUEREMOS APRENDER? Facendo fichas, conducindo coches, bicis, con películas, xogando ,...