martes, 29 de mayo de 2012

CONTINUAMOS A TRABALLAR SOBRE OS SEMÁFOROS

Queredes escoitar  o conto do homiño do semáforo? clicade na imaxe:


Nas clases estivemos a facer estas dúas fichas de atención onde había que fixarse moito. A primeira resultounos ben doada pero na segunda as profes tiveron que axudarnos un pouquiño.


Cando rematamos as fichas, fomos a aula de informática. Alí cada un no seu ordenador intentamos colorear os semáforos e como xa o fixeramos antes na clase, saiunos a todos de marabilla.


Despois as profes nos puxeron estes recursos de educación vial do portal Educapeques a cada un no seu ordenador:


Podiamos elexir os que queríamos e o pasamos moi ben. 

lunes, 28 de mayo de 2012

OS SEMÁFOROS PARA VEHÍCULOS

Hoxe comezamos a sesión repasando como son os semáforos de peóns con este video:




Aprendimos como son as luces do semáforo para os vehículos:



Cantamos e escoitamos varias cancións sobre os semáforos:

* Esta que xa vimos o día do Festival das Letras Galegas:



* E tamén estas dúas:



E fixemos esta ficha onde aprendimos unha poesía:

sábado, 26 de mayo de 2012

CHARLA SOBRE EDUCACIÓN VIAL



O xoves e o venres, veu a visitarnos ao colexio unha policía de Ferrol que nos estivo a explicar moitísimas cousas sobre a educación vial. Foron unhas charlas moi amenas e axustadas ao noso nivel.



E se esto foi moi entretido e divertido, moito máis foi poder ver o coche da policia e non só iso senón tamén probar as motos dos seus compañeiros. Vede, vede ...

EDUCACIÓN VIAL on PhotoPeach

sábado, 12 de mayo de 2012

UNIDADE DIDÁCTICA INTERACTIVA: A rúa

Hoxe fomos cos nosos compañeiros da clase da profe Digna, a facer esta unidade didáctica todos xuntos na PDI.




viernes, 11 de mayo de 2012

COÑECENDO A SEMAFORÍN

Agora que a nosa amiga Laretas xa se despediu de nos, chegou o momento de coñecer a SEMAFORÍN, un semáforo amigo que nos explicou algunhas cousiñas máis de como podiamos facer para cruzar as rúas sen perigo. Así foi a súa presentación e as cousiñas que nos dixo:


Semaforín nos dixo que tiña cinco ollos, tres para axudar aos condutores e dous para axudar aos peóns. Como nós somos peóns empezamos por estes dous últimos. Para que nos quedaran moi clariños vimos o conto de "Foro, Lino y Desi":


Fixemos algunhas fichiñas como estas:





Estivemos a cantar esta canción:




Vimos este video de Jota, Jota, onde nos ensina como cruzar:




E no ordenador xogamos a estos xogos:


Para acceder aos xogos tedes que clicar na imaxe de arriba, despois na porta que hai abaixo á dereita e despois en xogos interactivo

viernes, 4 de mayo de 2012

A CALZADA E OS COCHES


Continuando coas partes dunha rúa, esta semana estivemos falando da CALZADA e dos coches que circulan por ela. Aproveitamos para repasar os conceptos de esquerda/dereita, a practicar a numeración e a comprobar si nos lembrábamos de todo o que nos había explicado LARETAS: que os peóns van polas beirarrúas, que non podemos xogar polos bordos, que para cruzar a estrada temos que facelo polo paso de peóns e antes de facelo temos que mirar para os dous lados e esperar a que os coches estean completamente parados,...
Escoitamos estas cancións:







Limos estos contos:








Utilizamos estos recursos na PDI:









E fixemos estas fichas:





E hoxe Laretas despediuse de nós e díxonos que o próximo día coñeceríamos a un amiguiño dela que se chama SEMAFORÍN. Quen será Semaforín?