martes, 29 de mayo de 2012

CONTINUAMOS A TRABALLAR SOBRE OS SEMÁFOROS

Queredes escoitar  o conto do homiño do semáforo? clicade na imaxe:


Nas clases estivemos a facer estas dúas fichas de atención onde había que fixarse moito. A primeira resultounos ben doada pero na segunda as profes tiveron que axudarnos un pouquiño.


Cando rematamos as fichas, fomos a aula de informática. Alí cada un no seu ordenador intentamos colorear os semáforos e como xa o fixeramos antes na clase, saiunos a todos de marabilla.


Despois as profes nos puxeron estes recursos de educación vial do portal Educapeques a cada un no seu ordenador:


Podiamos elexir os que queríamos e o pasamos moi ben. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario