Mostrando entradas con la etiqueta CANCIÓNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CANCIÓNS. Mostrar todas las entradas

viernes, 11 de mayo de 2012

COÑECENDO A SEMAFORÍN

Agora que a nosa amiga Laretas xa se despediu de nos, chegou o momento de coñecer a SEMAFORÍN, un semáforo amigo que nos explicou algunhas cousiñas máis de como podiamos facer para cruzar as rúas sen perigo. Así foi a súa presentación e as cousiñas que nos dixo:


Semaforín nos dixo que tiña cinco ollos, tres para axudar aos condutores e dous para axudar aos peóns. Como nós somos peóns empezamos por estes dous últimos. Para que nos quedaran moi clariños vimos o conto de "Foro, Lino y Desi":


Fixemos algunhas fichiñas como estas:





Estivemos a cantar esta canción:




Vimos este video de Jota, Jota, onde nos ensina como cruzar:




E no ordenador xogamos a estos xogos:


Para acceder aos xogos tedes que clicar na imaxe de arriba, despois na porta que hai abaixo á dereita e despois en xogos interactivo

viernes, 4 de mayo de 2012

A CALZADA E OS COCHES


Continuando coas partes dunha rúa, esta semana estivemos falando da CALZADA e dos coches que circulan por ela. Aproveitamos para repasar os conceptos de esquerda/dereita, a practicar a numeración e a comprobar si nos lembrábamos de todo o que nos había explicado LARETAS: que os peóns van polas beirarrúas, que non podemos xogar polos bordos, que para cruzar a estrada temos que facelo polo paso de peóns e antes de facelo temos que mirar para os dous lados e esperar a que os coches estean completamente parados,...
Escoitamos estas cancións:







Limos estos contos:








Utilizamos estos recursos na PDI:









E fixemos estas fichas:





E hoxe Laretas despediuse de nós e díxonos que o próximo día coñeceríamos a un amiguiño dela que se chama SEMAFORÍN. Quen será Semaforín?