sábado, 28 de abril de 2012

APRENDENDO A CONDUCIR


Hoxe fomos ao circuito de seguridade vial en Barallobre (Fene). Alí aprendimos en vivo e en directo moitas das cousas que estamos estudando na clase. Nada máis chegar, déronnos unhas cuantas indicacións sobre o funcionamento do circuito e lembráronnos o significado dalgúns sinais de tráfico (stop, ceda o paso, dirección prohibida, liña continua, ...) e das cores do semáforo. Despois nos preparamos poñendo un casco e un chaleco reflectante e ... LISTOS PARA CONDUCIR.

Non quitamos fotos pero o que si fixemos foi... GRAVAR EN VIDEO. Aquí nos tedes en acción:


A pregunta de todas e todos cando nos iamos foi: E CANDO VOLTAMOS?

jueves, 19 de abril de 2012

DÍA DA BICICLETA


Hoxe se celebra o Día Mundial da bicicleta co obxectivo de promocionar este medio de transporte e chamar a atención sobre os dereitos dos ciclistas. Como é un tema que consideramos moi importante e ademáis está relacionado co noso proxecto, estivemos a traballar con estes materiais , algúns proporcionados polo Instituto da Seguridade vial da Fundación MAPFRE co fin de lembrar aos máis pequenos as normas de circulación á hora de andar en bici.

Comezamos vendo un video sobre Jota, Jota onde ensina aos máis pequenos a andar en bici dun xeito seguro:


vimos tamén o conto da bicicleta CLETA:


e limos o conto: "PATO VA EN BICI":






Despois xogamos a este xogo de mesa:"A OCA DA BICICLETA CLETA" (que atopamos en Internet e modificamos un pouquiño):


Si alguén quere descargar o taboleiro para xogar na casa, aquí volo deixamos:


Nós para que nos fose máis doado xogar, o fixemos a tamaño cartulina, subindo a imaxe a BLOCK POSTERS e dividíndoa en seis partes tamaño folio. Despois só queda recortar, pegar e plastificar.

E xa para rematar na aula de informática xogamos a estes xogos:




viernes, 13 de abril de 2012

AS PARTES DUNHA RÚA

Ao longo desta semana , aprendimos con Laretas cales son as partes dunha rúa e tamén para que serven as BEIRARRÚAS. Queredes escoitala?


Explicounos que polas beirarrúas podemos cruzar as estradas e que os nenos e nenas pequenos teñen que ir da man dun adulto. Pero tamén falamos do perigoso que é xogar na beirarrúa, baixar o bordo, cruzar a estrada sin mirar,... Senón, mirade o que lle pasou ao coelliño Tito cando ía camiño da escola coa súa amiga Dora. Clicade na imaxe para ver e escoitar o conto:


Vimos algúns videos onde aprendimos como hai que ir polas beirarrúas, que aínda que vaiamos ben, temos que ter coidado nas entradas e saídas de vehículos, que temos que cruzar sempre polo paso de peóns e que antes temos que mirar para os dous lados e asegurarnos de que están parados.










E algúns episodios dos Lunnis onde nos explican educación vial: "Todos os sentidos" (Lulo nos ensina que polas beirarrúas temos que ir da man e ter coidado porque poden saír coches dos garaxes). "Lucho cruza á rúa" ( a Lucho se lle escapa a pelota e case cruza sin mirar), "Lugares de xogo" (Lubina avisa a Lucho de que na rúa non se xoga) e "Os pasos de peóns" (Lupita e Lula cruzan polo paso de peóns sen tomar as precaucións necesarias). Todos eles os podedes atopar na páxina de CLAN TV.





Tamén fixemos estas fichas:








jueves, 29 de marzo de 2012

COÑECENDO A LARETAS...


Despois de saber cales eran as súas ideas previas sobre o tema da Educación Vial, comezamos a traballar no noso proxecto.
Comezamos facendo a portada do que serán todas as nosas fichiñas sobre o proxecto:


E continuamos coñecendo a LARETAS, unha rúa que nos vai ensinar moitísimas cousas sobre Educación Vial e que será o fío condutor da primeira parte do noso proxecto. Queredes coñecela, aquí a tedes:



Estas son as fichas que fixemos sobre Laretas:

jueves, 22 de marzo de 2012

REMATAMOS OS RINCÓNS


Por fin, as seis clases rematamos de preparar os nosos rincóns do proxecto. Entre todos preparamos a plantilla para os sinais e o semáforo  e deseñamos unhas letras que logo colorearon os nenos e as nenas. Despois cada rincón foise completando con distinto material sobre a educación vial: libros, recortables, videos, cds de música, filminas,.... E así de bonitos nos quedaron:

RINCÓNS DE EDUCACIÓN VIAL on PhotoPeach


Aquí vos deixamos as letras que utilizamos por si a alguén máis lle poden resultar útiles.

https://app.box.com/s/80134b57bbf5f0ef10f5

domingo, 18 de marzo de 2012

COMEZAMOS O PROXECTO

A piques de rematar o segundo trimestre e a punto de comezar o terceiro, comezamos o noso novo proxecto . Esta vez o tema elexido é "EDUCACIÓN VIAL". Por que este  tema? Porque estamos convencidas de que desde a escola hai que formar aos nenos para que nun futuro sexan condutores e peóns responsables  e no "inmediato" contaxiar aos adultos máis próximos eses valores. Para iso, trataremos de que coñezan os fins e obxectivos que cumpren os sinais e normas de tráfico, que se familiaricen coas máis necesarias e as máis frecuentes do seu entorno;tamén intentaremos crear neles unha actitude de colaboración, respeto e contribución á seguridade vial tratando de que reflexionen sobre as condutas adecuadas monstrándoles situacións correctas e erróneas no seu discurrir como peóns para previr posibles accidentes.

Así que o venres, despois do recreo reunímonos todos no Salón de Actos e alí lles fixemos unhas preguntas para ver cales eran as súas ideas sobre o proxecto, que querían aprender e como querían aprendelo.

A primeira pregunta foi:

- QUE SABEDES DA EDUCACIÓN VIAL? As respostas foron: sinais, stop, coches, motos, guardias, autobuses, ambulancias, que van pola estrada,...

- QUE QUEREMOS APRENDER?  A sacar o carné de conducir, todos os sinais, ...

- COMO QUEREMOS APRENDER? Facendo fichas, conducindo coches, bicis, con películas, xogando ,...